Hansala é un pobo de Marrocos . Onde non hai traballo e subsisten como poden. Os xóvenes querendo escapar desa realidade son vítimas das mafias dedicadas á inmigración ilegal que se aproveitan da súa desesperación por ter un futuro mellor . Este foi o caso do irmán de Ayoub de oito anos , pero tivo a desgraza de morrer na viaxe en patera xunto con 36 persoas máis.
A xente que vivía preto da bahía de Cádiz viron como día a día os seus cadáveres chegaban as costas , pensaron nas vidas que xa se perderan en pateras , cayucos ou barcos ; polo que decidiron que debían facer algo para que iso non volvera a ocurrir e así foi como fundaron Solidaridade Directa.
Esta ONGD ten como obxectivo xeral correxir esta situación dende a raíz do problema desarroiando unha serie de proxectos económicos no país de orixe dos inmigrantes para que así a xente xa non se quera ir dos seus pobos.
Os habitantes de Hansala teñen moitas debilidades nos seus funcionamentos como a pobreza , o desempleo...
A falta de bens públicos coma transporte público , estradas , auga corrente , etc.
Ou a austeridade nos bens privados e a escaseza de bens relacionais aunque isto estáse a cambiar. Pero contan con potencialidades coma a axuda económica por parte de Solidaridade Directa , a disposición de traballar para cambiar a súa situación e o desexo dos nenos de formarse na escola para ter unha boa formación e axudar a Hansala a desenvolverse económicamente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario