A fase inicial do proxecto sería a construcción dun galiñeiro o que melloraría considerablemente a dieta do pobo xa que viven básicamente consumindo millo e os seus derivados. O mantemento das galiñas xerará abono o cal favorecerá á colleita aportándolle un plus de nutrintes á terra, ademáis este abono sería 100% orgánico e gratuíto, evitando que a terra se contamine e se empobrezca o chan. Isto estaría orientado cáse exclusivamente ao autoconsumo vendéndose únicamento o excedente se o hai tendo coma obxectivo final que o emprendemento sexa autosostible podendo repartir entre todos eles as ganancias.
Con esta medida obteríanse:
- Ovos: As proteínas que contén o ovo son de unha excelente calidade, estas aportan os aminoácidos que o noso organismo require. É moi beneficioso para as mulleres embarazadases, xa que axuda ao feto no seu desarrollo.
Outra parte deste proxecto sería plantar árbores frutais para que nun futuro os seus fillos podan beneficiarse de:
Onde se tería coma principal obxectivo o autoconsumo e se vendería o excedente procurando sempre a autosostenibilidade.
Para as colleitas futuras teríase coma obxectivo diversificar os cultivos xa que no cultivo de millo hai demasiados competidores o que supón unha baixada significativa dos prezos debido á competividade. Ao ofertar outros cultivos terían menos competencia, obterían máis beneficios e serían menos vulnerables ante as multinacionais dedicadas á alimentación xa que ás veces xogan cós precios dalgúns alimentos encarecéndolos ou ben abaratándoos, especulando coa fame da xente. Isto ademáis garantizará unha dieta equilibrada ao pobo pase o que pase.
Outra medida para garantir que non haxa fame no pobo é a implantación dun horto escolar. onde tanto profesores coma os alumnos traballen de dous a tres horas semanais cada curso. A colleita se empregaría para o comedor escolar o que suporía:
Cós benficios obtidos todos os veciños colaborarán en ensanchar o río nun tramo onde se implantarán carpas para nun futuro próximo poder dedicarse á pesca. Tamén noutro tramo se construíran pontes para facilitar as comunicacións entre o pobo e o exterior. Unha vez realizado con éxito este proxecto seguiría á contrucción de invernadoiros para que se poida cultivar todo o ano o que aumentaría considerablemente a produtividade.
Para mellorar a dieta cando as ganacias sexan significativas se procederá a mercar vacas e bois que estarán contantemente vixiados mediante gardas entre veciños para garantir que non haxa robo de gando. Os bois serán empregados coma man de obra no campo e se fará un calendario por sorteo onde se lle deixara a cada veciño para arar. Se o animal non chega en boas condicións se lle pondrá unha multa ao veciño que o tiña quen terá que donar parte da colleita ao veciño/s que perdan os seus días pola súa culpa. O animal terá un día libre á semana, ademáis de man de obra tamén proporcionan carne.
As vacas pastarán inicialmente en terras comunais, pero se iso no fose suficiente por sorteo rotarían entre as terras dos veciños ou poderá ser voluntarío xa que terán maior benficio. Os pastores asinados serán os que máis gañancias terán pola súa dedicación.
Grazas as vacas obteríase:
Có obtido por ese traballo se mercarán as ferramentas básicas que se alquilarán por diñeiro para poder mercar máis cada temporada. Tamén se mercara sal para conservar a carne de vacuno durante máis tempo, este servicio tamen se fará pagando xa que para que sexa rentable ; a sal dura moito tempo o que a larga se amortizará o custo case seguro.
No pobo tamén poderá facerse vaxillas pero iso é opcional, cada veciño decidirá facelo pola súa conta para sí mesmo ou vendelas pola súa conta.
Crearanse talleres de formación onde cada veciño do pobo sera instruído para que obteña unha formación básica para cada proxecto. Desta maneira poderán contribuír con máis ideas e ter unha maior formación profesional. Unha vez os veciños sepan o básico poderán formar parte da asemblea semanal do pobo onde se expondrán novas ideas, se asignarán as tareas, discutirá sobre que dirección tomar e se tratará de buscar solucións aos problemas surxidos.
Tamén se dará a coñecer o presuposto da aldea e os gastos dos proxectos e se saberá canto gañan con exactitude os 5 representantes para evitar abusos de poder.
E se lle dará a cada veciño unha parte desas ganancias mediante diñeiro, produtos e servicios. Aíndaque unha parte das gañancias terán que destiñalas as arcas da aldea para futuros emprendementos ou o mantemento dos xa existentes.
Unha vez levado a cabo estes proxectos conseguríase:
- Os pais non necesitarían tanto a axuda dos seus fillos = maior escolarización.
- Mellorar a calidade de vida tanto individual coma colectiva.
- Menos migracións.
- Menor exclusión social.
- Menor dependencia de recursos externos e unha maior austosostenibilidade.
- Máis unidade entre os habitantes do pobo xa que ao trabllar todos posúen un espirito máis cooperativista.
- Maior capacitación obtendo así os funcionamentos necesarios para ser máis competitivos e ter máis oportunidades laborais.
- Menor desnutrición e un maior desarrollo nos nenos xa que unha insuficiente alimentación pode ter consecuencias tanto físicas coma mentais.
- Ao ser máis próspera obterá unha maior notoriedade por parte das aldeas veciñas e esa "fama" facilitará a actividade comercial.