miércoles, 17 de diciembre de 2014

Emprendementos do sector primario en Talquezal - Guatemala

Para que estes emprendementos se leven a cabo correctamente se realizara por votación anual entre os habitantes do pobo para escoller a cinco persoas encargadas de supervisar o proxecto e entre eses 5 un deles debe ser muller e outro unha persoa anciá para tratar de cubrir e representar a tódalas persoas que integran o pobo. Estas persoas obterían unha maior cantidade de beneficios xa que cargan con máis responsabilidade có resto.



A fase inicial do proxecto sería a construcción dun galiñeiro o que melloraría considerablemente a dieta do pobo xa que viven básicamente consumindo millo e os seus derivados. O mantemento das galiñas xerará abono o cal favorecerá á colleita aportándolle un plus de nutrintes á terra, ademáis este abono sería 100% orgánico e gratuíto, evitando que a terra se contamine e se empobrezca o chan. Isto estaría orientado cáse exclusivamente ao autoconsumo vendéndose únicamento o excedente se o hai tendo coma obxectivo final que o emprendemento sexa autosostible podendo repartir entre todos eles as ganancias.

Con esta medida obteríanse:
  • carne de ave :caracterizada polo seu baixo nivel de graxa, aporte de proteínas e de antioxidantes. Tamén axuda a previr enfermidades dos texidos, regula a saciedade e fortalece o sistema inmunolóxico. Son menos costosas que a carne de res, de porco ou de outros animais.

    • Ovos: As proteínas que contén o ovo son de unha excelente calidade, estas aportan os aminoácidos que o noso organismo require. É moi beneficioso para as mulleres embarazadases, xa que axuda ao feto no seu desarrollo.


    Outra parte deste proxecto sería plantar árbores frutais para que nun futuro os seus fillos podan beneficiarse de:
  • Froita e zume: aprotará moitos nutrintes a dieta.
  • Mermeladas: consérvanse durante bastante tempo.
  • Potitos ou purés: moi beneficiosos para os máis pequenos e para as persoas maiores que non poden masticar ben ou que teñen problemas de dixestión.

  • Onde se tería coma principal obxectivo o autoconsumo e se vendería o excedente procurando sempre a autosostenibilidade.

    Para as colleitas futuras teríase coma obxectivo diversificar os cultivos xa que no cultivo de millo hai demasiados competidores o que supón unha baixada significativa dos prezos debido á competividade. Ao ofertar outros cultivos terían menos competencia, obterían máis beneficios e serían menos vulnerables ante as multinacionais dedicadas á alimentación xa que ás veces xogan cós precios dalgúns alimentos encarecéndolos ou ben abaratándoos, especulando coa fame da xente. Isto ademáis garantizará unha dieta equilibrada ao pobo pase o que pase.



    Outra medida para garantir que non haxa fame no pobo é a implantación dun horto escolar. onde tanto profesores coma os alumnos traballen de dous a tres horas semanais cada curso. A colleita se empregaría para o comedor escolar o que suporía:
    • Un maior índice de escolarización.
    • Menor desnutrición e mortandade infantil.
    • Aprender a traballar en equipo, o que mellorará a súa integración no novo sistema da comunidade.
         
      Cando termine o horario escolar o centro será habilitado coma gardaría onde se ocupen dos nenos persoas que non poidan realizar moito traballos físico ou teñan problemas económicos. Os pais acambio negociarán e dependendo das horas e da idade (implica máis ou menos coidados) lle pagarán en especies ou realizando un servicio á persoa que a súa vez terá que dar un porcentaxe ao mantemento da escola.

      Cós benficios obtidos todos os veciños colaborarán en ensanchar o río nun tramo onde se implantarán carpas para nun futuro próximo poder dedicarse á pesca. Tamén noutro tramo se construíran pontes para facilitar as comunicacións entre o pobo e o exterior. Unha vez realizado con éxito este proxecto seguiría á contrucción de invernadoiros para que se poida cultivar todo o ano o que aumentaría considerablemente a produtividade.



      Para mellorar a dieta cando as ganacias sexan significativas se procederá a mercar vacas e bois que estarán contantemente vixiados mediante gardas entre veciños para garantir que non haxa robo de gando. Os bois serán empregados coma man de obra no campo e se fará un calendario por sorteo onde se lle deixara a cada veciño para arar. Se o animal non chega en boas condicións se lle pondrá unha multa ao veciño que o tiña quen terá que donar parte da colleita ao veciño/s que perdan os seus días pola súa culpa. O animal terá un día libre á semana, ademáis de man de obra tamén proporcionan carne.

      As vacas pastarán inicialmente en terras comunais, pero se iso no fose suficiente por sorteo rotarían entre as terras dos veciños ou poderá ser voluntarío xa que terán maior benficio. Os pastores asinados serán os que máis gañancias terán pola súa dedicación.

      Grazas as vacas obteríase:
    • Leite: fonte de calcio, fósforo, magnesio e proteína, os cales son esenciais para o desarrollo e crecemiento.
    • Carne de vacuno:destaca polo seu alto contido en proteínas de alta cantidade, minerais (bós para a anemia), e vitamina B12 (beneficia aos glóbulos vermellos)
    • Coiro: téxtil, calzado, tapizado de mobles...
    • Derivados Lácteos: queixo, mantequilla, nata...
    • Sebo: se usa para a fabricación de xabóns, para cocinar, velas...
    • Pel de Becerro: téxtil, tapizado...
      •  

      Có obtido por ese traballo se mercarán as ferramentas básicas que se alquilarán por diñeiro para poder mercar máis cada temporada. Tamén se mercara sal para conservar a carne de vacuno durante máis tempo, este servicio tamen se fará pagando xa que para que sexa rentable ; a sal dura moito tempo o que a larga se amortizará o custo case seguro.
      No pobo tamén poderá facerse vaxillas pero iso é opcional, cada veciño decidirá facelo pola súa conta para sí mesmo ou vendelas pola súa conta.

      Crearanse talleres de formación onde cada veciño do pobo sera instruído para que obteña unha formación básica para cada proxecto. Desta maneira poderán contribuír con máis ideas e ter unha maior formación profesional. Unha vez os veciños sepan o básico poderán formar parte da asemblea semanal do pobo onde se expondrán novas ideas, se asignarán as tareas, discutirá sobre que dirección tomar e se tratará de buscar solucións aos problemas surxidos.

      Tamén se dará a coñecer o presuposto da aldea e os gastos dos proxectos e se saberá canto gañan con exactitude os 5 representantes para evitar abusos de poder.

      E se lle dará a cada veciño unha parte desas ganancias mediante diñeiro, produtos e servicios. Aíndaque unha parte das gañancias terán que destiñalas as arcas da aldea para futuros emprendementos ou o mantemento dos xa existentes.

       

      Unha vez levado a cabo estes proxectos conseguríase:
      • Os pais non necesitarían tanto a axuda dos seus fillos = maior escolarización.
      • Mellorar a calidade de vida tanto individual coma colectiva.
      • Menos migracións.
      • Menor exclusión social.
      • Menor dependencia de recursos externos e unha maior austosostenibilidade.
      • Máis unidade entre os habitantes do pobo xa que ao trabllar todos posúen un espirito máis cooperativista.
      • Maior capacitación obtendo así os funcionamentos necesarios para ser máis competitivos e ter máis oportunidades laborais.
      • Menor desnutrición e un maior desarrollo nos nenos xa que unha insuficiente alimentación pode ter consecuencias tanto físicas coma mentais.
      • Ao ser máis próspera obterá unha maior notoriedade por parte das aldeas veciñas e esa "fama" facilitará a actividade comercial.
       







       

      viernes, 12 de diciembre de 2014

      As empresas inclusivas



      Unha empresa inclusiva mostra as súas políticas mediante tódolos elementos de información e comunicación posibles. Ademáis de incluir unha lenguaxe de dereitos humanos nos manuales, políticas e procedementos, soe incorporar nas súas accións de mercadeo imáxenes e frases que evidencien a importancia que lle dan ás persoas coma o seu primer activo incrementando diversidade: persoas de diferentes idades, etnias ou con discapacidades, integrando 
      a tódolos seus membros na construcción do seu futuro en vez de excluir a quenes non se encontran cerca da cúspide da pirámide, esquecendo que é a base quen confire estabilidade á estrutura. Xeneralizar o talento e os fluxos de coñecemento non implica debilitar as estruturas xerárquicas de xestión, en todo caso as reforzan cunha maior cohesión e identificación coa organización.

      No podemos falar dunha empresa inclusiva sen contar cun público interno capacitado, que teña moi clara a posición da empresa e que estea sensibilizado na importancia de propiciar a plena participación e igualdade de oportunidades das persoas en risco de exclusión social , valorando a existencia de intelixencias e funcionamentos múltiples nunha organización. Cómpre que se desarrollen constantemente accións de capacitación para involucrar ao público interno, incluíndo actividades de voluntariado que reforcen os principios de dereitos humanos da empresa e que axuden a implementar dentro da organización tódolos cambios requeridos baseados na modelación dunha estrutura organizacional baseada na optimización desas intelixencias en forma de talento.

      A Xestión administrativa inclusiva, permitirá á empresa deseñar políticas de selección e reclutamento de persoal que elimiñen as barreiras que existen. Pero comenza có firme convencemento de que a sostibilidade dos negocios e da nosa sociedade pasa necesariamente por recoñecer e aproveitar o potencial de cada persoa. A existencia de equipos autónomos a quenes se lles recoñece o valor do seu emprendemento e toléranse os seus posibles errores como condición para o éxito.


      Os Negocios Inclusivos son actividades económicas socialmente responsables que permiten lograr a participación dos máis pobres en cadeas de xeración de valor, valorando as diferenzas e incluíndo a diversidade na súa estratexia de negocio para a mellora da súa competitividade, de maneira tal que éstes logren capturar valor para sí mesmos e mellorar as súas condicións de vida. Un negocio inclusivo incorpora aos sectores en risco de exclusión social, xa sexa como socios, consumidores, provedores ou distribuidores. Son unha potente forza laboral xeralmente desperdiciada pola interposición de barreiras culturais a pesar de que poden facer un gran aporte para un mellor desempeño global das empresas sendo un exemplo de modelo a seguir. Se caracterizan por presentar garantías de sostibilidade (económica, ambental e social). Su aplicación implica a construcción dunha relación de confianza entre as partes, a partir dunha colaboración activa e equitativa.


      Estes negocios non son filantropía empresarial nin responsabilidade social empresarial, débese ter unha motivación de negocios, conectar o local e o global, ser innovador e aproveitar os recursos locais. Trátase máis ben de atopar modelos empresariais sustentables que permitan prosperar axudando aos demáis, onde o negocio central xera impacto social e ambiental positivo.


      lunes, 16 de junio de 2014

      Moeda Social



      Surxe da propia comunidade, quenes deciden o seu valor, e se son complementarias ou alternativas a moeda convencional. Está fundamentada na confianza mutua e na reciprocidade.
      Créase, xenérase e organizase a través das persoas que con­forman a rede comunitaria. 
      Unha vez creada, pasa a ser unha ferramenta de mediación que propicia os intercambios , xa que estimula a circulación da moeda para a obtención de bens e servizos, evitando así a acumulación monetaria en poucas mans e favorecendo a igualdade. Mentres a moeda convencional tende a acumularse en mans dun grupo reducido de persoas , xa que do diñeiro se xeran beneficios monetarios.
      Esta moeda benefiacia tanto a produtores coma consumidores xa que o prezo non o marcan as grandes empresas ,xa que favorece ao comercio xusto e os prezos son fixados entre os produtores da zona e os consumidores poden saber absolutamente todo sobre as condicións na que este foi fabricado facendo .

      martes, 27 de mayo de 2014

      Película Le Havre

      Ficha técnica
      Título: Le Havre
      Ano: 2011
      Duración: 93 min.
      País: Finlandia
      Director: Aki Kaurismäki
      Guión: Aki Kaurismäki
      Música: Varios
      Fotografía: Timo Salminen
      Reparto: André Wilms, Kati Outinen, Jean-Pierre Darroussin, Blondin Miguel, Elina Salo, Jean-Pierre Léaud, Evelyne Didil.
      Productora: Coproducción Finlandia-Francia-Alemania; Janus Films/Pandora Filmproduktion/Pyramide Productions/Sputnik
      Xénero: Comedia drama | Comedia dramática. Inmigración.
       
       Sinopsis 


      Marcella Marx un escritor que traballa actualmente como limpiabotas , encóntrase cun  neno africano que está escaapando da policía para non ser deportado e  a pesar de las consecuencias que poda ter axudalo o fai . Pero non está só xa que esa falta de egoísmo  contaxiará aos seus veciños de Le Havre que o axudarán a acadar o obxectivo de levar ao neno xunto a súa nai en Londres . Todo isto o axudará a manterse ocupado e afrontar mellor a enfermidade da súa muller Arletty.

      Aspectos económicos que aparecen na película 

      Na película pódese ver claramente o contraste entre a situación de pobreza do protagonista e o seu círculo e os lugares onde él traballa de limpiabotas. Tamén se ve coma no barrio onde vive Marcell  hai unha escasa actividade financieira e coma viven á marxe da sociedade.
      A xente de Le Havre teñe certa relación co proletariado de Marx.
      O máis palpable nesta película e a inmigración con as súas causas e consecuencias como:
      • O tráfico de persoas en conteñedores.
      • Os campamentos de refuxiados e a súa mala calidade de vida e como en vez ede empregar diñeiro para mellorar esta realidade o empregan en tomar medidas contra eles.
      Pero tamén se ve como aínda que apenas teñen de comer comparten o poco que posúen con Marcell .

      jueves, 3 de abril de 2014

      O IDH e a súa relación co PIB

      O índice de desarroio humano (IDH) é un indicador do desarroio humano por país, elaborado polo Programa das Nacións Unidas para o Desarroio (PNUD) dende o ano 1990 . Ten en conta os seguintes parámetros:


      • Saúde e longa vida: medida según a esperanza de vida ao nacer.
      • Educación: medida pola taxa de alfabetización de adultos e a taxa bruta combinada da matriculación en educación primaria, secundaria e superior, así coma os anos de duración da educación obligatoria.
      • Riqueza: medida por el PIB per cápita PPA en dólares internacionales.( Proporcionando un nivel de vida digno)


      Dacordo con este índice, os países do mundo son presentados nun ranking cos ordena dende o IDH máis alto hasta o máis baixo.



      O IDH pode interpretarse coma a cantidade de opcións que teñen as persoas no seu propio medio, para ser ou facer lo que él desexe . A maior cantidade de posibilidades maior desarroio humano, e a menor cantidad de opcións, menor desarroio humano.
      Pero para  ser realmente útiles os  Índices de desarrollo humano deben seguir as evolucións dos recursos naturais e contabilizar todo lo que cuenta para la supervivencia de nuestra civilización. Ser un indicador de peligro, y promover las nuevas políticas públicas que tanto necesitamos.

      España atópase nun  bo lugar, xa que ocupa o posto número 23 do ranking do desarroio humano(IDH).

      Fecha    IDH      IDH - Salud   IDH - Educación   IDH - Ingresos
      2012   0,885     0,972     0,871               0,821
      2011   0,885     0,969     0,874               0,823
      2010   0,884     0,965     0,874               0,824
      2009   0,880     0,961     0,868               0,824
      2008   0,878     0,957     0,857               0,830
      2007   0,874     0,953     0,846               0,831
      2006   0,870     0,950     0,836               0,830
      2005   0,865     0,947     0,830               0,826
      2000   0,847     0,932     0,802               0,815
      1990   0,756     0,900     0,619               0,779
      1980   0,698     0,869     0,529               0,742

      Polo tanto, inflúen entre outros o feito de que a esperanza de vida en España atópese en 82,50 anos, a taxa de mortandade no 8,60% e a  súa renda per cápita sexa de 22.300€.

      Non hai cambios no Índice de desarroio en España xa que en 2012 o IDH en España foi de  0,885 puntos, o que supón que se mantivo idéntico respecto ao 2011.


      Pero se miramos a evolución do IDH en España, un pouco máis a longo prazo, vemos que comparando os datos actuais có do ano 2000, no que o IDH foi de 0,847, éste experimentou unha evolución positiva.



       O PIB  é unha medida macroeconómica que expresa o valor monetario da producción de bens e servizos de demanda final dun país (ou unha rexión) durante un período determinado de tempo (normalmente un ano). É o indicador comúnmente empregado para estimar a riqueza económica dun país é a  renda per cápita, que é a relación que hai entre o PIB (producto interior bruto), e a cantidade de habitantes dun país. Para conseguilo, divídese o PIB dun país entre a súa población.


      Non  necesariamente haberá unha relación de causalidade entre o PIB per cápita e o índice de desarroio humano (IDH) xa que se trata de medidas diferentes.

      O PIB relaciónase có desenvolvemento dun país a nivel económico é positivo se nun proceso longo de tempo durante o cal o nivel da actividade económica aumenta de maneira constante en canto ao desarroio do PIB refírese a un crecemento que soe xerar unha mellor distribución do ingreso e da riqueza . Isto é capaz de reproducir as mellores técnicas de producción en cada un dos sectores , o desarroio mellora as capacidades sociais con  bos niveis de educación , menos pobreza , indixencia e cun maior número de oportunidades.



       Pero pode ocorrer co PIB aumente pero a poboación medre a un ritmo maior polo cos bens dispoñibles por habitante se reduzcan. É dicir co crecemento é unha condición necesaria pero non suficiente para o desarroio .

      Ata agora asimilouse co progreso das sociedades occidentais coa acumulación de bens e o crecemento do PIB ; pero iso non é correcto xa que nos informes correspondentes ao 2012, os países separanse por cuartiles: IDH muy alto, alto, medio y bajo.No último informe non se clasifican como países desarroiados cun IDH moi alto, senón que se teñen en conta varios factores máis.
      Un  estudo realizado conxuntamente por investigadores da Universidade de Warwick,  o Hamilton College, e a Universidade de San Francisco revelou que países europeos coma Dinamarca, Islandia, Irlanda y Suiza, ou outros situados no continente americano, coma Canadá e Estados Unidos , considerados entre os máis felices do mundo, son tamén os países onde máis suicidios producense . Os autores da investigación pensan que o nivel de felicidade dos demáis sería un factor de risco de suicidio porque as personas descontentas que viven en lugares onde o resto de individuos son felices tenden a xulgar o seu propio benestar en comparación co das persoas que lles rodean.
      O diñeiro e a felicidade da poboación non sempre veñen da man ; a pesar de que o PIB  mellora as condicións de vida dos seus ciudadáns  que poden cubrir as súas necesidades básicas e complementarias, o que desemboca na creación dun entorno no que  se respeten os dereitos humanos .

      Pero así coma o PIB non é concluyente á hora de determinar o nivel de desarroio dun país tampouco o é o IDH xa que non reflicte a participación política , nin as desigualdades de xénero ou a pobreza humana . É dicir , o IDH e os demáis índices compostos só ofrecen unha representación ampla sobre algunhas das cuestións claves para o desarroio humano. Para poder obter unha idea máis completa do nivel de desarroio humano dun país é necesario analizar os demáis indicadores e datos presentados no anexo estadístico do Informe.


      En conclusión, debemos redefinir de novo  o concepto de progreso, descartar a acumulación de bens coma única fonte de felicidade, xa que senón esgotaránse os recursos naturais do planeta cando deixando as  xeneracións futuras desamparadas .



      martes, 18 de marzo de 2014

      World Coffee

      Traballo no mundo

                ·         O paro xuvenil en España segue sen descender polo que moita  xente  emigra a outros países coma Alemaña para conseguir un traballo.
      ·          O soldo medio en España esta en 600 euros o cal non chega para vivir.
      ·         Aínda  que pareza que non , o traballo xuvenil en Alemaña tamén atópase mal pero alí teñen os  minijobs nos que o soldo é moi baixo e as xornadas curtas o que fai que á hora de mirar as taxas de paro do país faga pensar que a situación do país sexa mellor do que realmente é xa que ese diñeiro non chega para  para poder vivir e se necesitaría tener varios.·         Nos países en vías de desarroio o paro xuvenil é menor ,  xa que os xóvenes traballan pola súa conta herdando postos familiares ou realizando emprendementos . Xa que neses países apenas hai empresas coas que sexa imposible competir en prezos.
      ·         España forma aos xóvenes pero  prodúcese una fuga de cerebros ,  aínda que a formación é boa o país non se beneficia porque emigran debido á falta de emprego.
      ·         Os xóvenes tardan moito en independizarse e non se van a vivir coas súas parellas polo que nacen menos nenos e iso repercutirá nas pensions a longo prazo.
      ·         As empresas prefiren a xente con experiencia e os xóvenes non a teñen polo que é moi difícil cós contraten.
      ·         Diminúen as axudas e aumenta a nota mínima  para obtela o que dificulta as posibilidades de estudo.
      ·         Debido á mala situación actual aumentan os desanimados e por iso a taxa de paro xuvenil é en parte menor.
      ·         Os recortes en educación repercutirán nun futuro.
      ·A educación española é das que teñen maiores casos de  abandono escolar.

      Traballo informal



      Enténdese por traballo informal o desarroio de actividades que se atopan fóra domarco legal e xurídico do país. As desvantaxes que teñen os traballadores nesta situación é que teñen un menor soldo có establecido pola normativa vixente, non obteñen beneficios sociais coma cobertura de saúde para eles e as súas familias, seguros ante accidentes laborais, aportes xubilatorios ou de retiros, entre outros. O traballo informal é un problema que afecta en maior ou menor medida a tódolos países subdesarroiados, debido a que cando as condicións sociais son críticas aumentou notablemente este tipo de traballo. É clara a relación entre pobreza e traballo informal, é difícil encontrar un destes fenómenos sen estar presente o outro.Xa que cando existen condicións de pobreza tódolos sectores económicos o empregan para obter maoores ganancias e os pobres deben aceptar estas condicións de traballo por que é  a súa única posibilidade de obter recursos.

      Traballo infantil
               

                O trabajo infantil é a utilización, para fins económicos ou de outra índole, de menores de idade por parte de adultos . Isto afecta, coma consecuencia, ao desarroio personal e emocional dos menores e ao disfrute dos seus dereitos. A erradicación do traballo infantil ten para a OIT (Organización Internacional do Traballo) unha prioridade urxente e moi importante xa que durante siglos o traballo infantil foi aceptado e era legal vulnerando Os Dereitos do Neno.


      Parados excluidos


                
                Os parados excluidos son as persoas que levan moito tempo no paro e non ven ningunha saída a súa situación, xa sexa por diferentes motivos entre os que máis comúnmente se encontra a idade que teñen . Se lles exclúe da sociedade debido a que como non traballan non poden contribuir coma tódolos cidadáns  a pagar os impostos. O goberno está tomando medidas un tanto inxustas coa poboación ,  en especial con este sector  para que o sistema se  siga a soster debido a gran cantidade de persoas que non cotizan . Unha das medidas sería borrar do Sistema Sanitario aos parados de longa duración que se foron a traballar fóra. O que provocaría que cando volveran non tiveran acceso á sanidade gratuita que disfrutamos tódolos españois. Isto provocaría que moitos deles non se plantexen a opción de volver a España cando a situación  mellore.




       Traballo precario


             Denomínase precariedade laboral á situación  que viven as persoas traballadoras que, por razóns diversas, sofren procesos que conlevan  inseguridade, incertidume e falta de garantía nas condicións de traballo, máis allá do límite considerado coma normal.A precariedade laboral ten especial incidencia cando os ingresos económicos que se perciben polo traballo non cobren as necesidades básicas dunha persoa , xa que a economía serve para cubrir as necesidades da xente. Nas sociedades desarroiadas as necesidades a satisfacer cós ingresos salariais non implican só aquelas que están relacionadas coa mera supervivencia biolóxica e non inclúen as de naturaleza social: afectos, ocio, coidados, cultura, educación, comunicación, etc.O capitalismo, no seu actual proceso de globalización, que foi acrecentado e xeneralizado  condicións de precariedade no modus vivendi das persoas, tanto nos países desarroiados coma nos que están en vías de desarroio, có obxetivo de acelerar a mercantilización global de tódalas relacións humanas (sociais, interindividuales, familiares, grupais, internacionais, etc.). A precarización laboral pódese entender como un subconxunto da precarización global da vida e da dignidade humana.



      Opinion persoal:



                A situación actual do emprego debido á crise económica é case insostible para un país como España que ven dunha ditadura e en poucos anos evolucionou moi rápidamente a nivel económico . Pero este progreso foi na súa maioría impulsado polo "boom" do ladrillo , pero chegou un momento no que se facían moitas máis casas das que se mercaban provovando que estoupase a burbulla inmobiliaria e que moita xente fose ao paro facendo que houbese menos consumo e que outras actividades económicas víranse tamén perxudicadas , o cal foi crecendo e acentuandose . 

                Todo este proceso foi propulsado pola crise económica mundial da que tiveron a culpa sobretodo os bancos.Agora os países fan todo o posible para que o país se recupere económicamente pero coma sempre os que máis sofren son as persoas que non teñen a culpa .
                 
                 Todo o que falamos no World Coffee e máis o documental que vimos da obsolescencia programada fíxome pensar co sistema capitalista é insostible a longo prazo porque  sempre ten unha fase extensiva e outra de recesión económica xa que sempre ten a necesidade de crecer cada vez máis aínda que agora o consumismo sexa excesivo e provoque o esgotamento de materias primas que teñe un gran impacto no planeta .
                 Esta crise que comezou en  2008 non vai a última e tampoco é a primeira polo que deberíamos pensar porque temos un sistema que nos empurra a mercar cousas que non necesitamos para que practicamente só se beneficien as persoas que non o necesitan. Neste mundo o único que hai maior que o consumismo é a pobreza.