A familia Mendoza
A familia Mendoza é unha das moitas familias guatematecas que vive nunha situación de pobreza extrema , é dicir que sobreviven con menos dun euro ao día. A familia Mendoza vive en Chortí , unha poboación que carece de infraestructuras públicas, sanidade e as veces de auga apta para o consumo , que a poboación bebe xa que non hay estudos sobre o estado da auga.
O 50% dos nenos deste país atopanse desnutridos e este é o caso do pequeno dos mendoza , pero afortunadamente a familia si que consegiu o diñeiro necesario para pagar o médico , xa que en Guatemala non existe a sanidade pública, sorte que non todos os nenos teñen, así que o neno non sufriu cambios permanentes no seu desarroio físico e intelectual . Nestas comunidades tan pobres non teñen acceso nin información sobre os métodos anticonceptivos polo que teñen dez fillos que non poden alimentar adecuadamente xa que o traballo agrícola , na súa maIoría millo , no lles da para vivir cunha dieta equilibrada , e viven nunhas condicións inhumanas e sen hixiene polo que son máis suxestibles ás enfermidades.
En Chortí non hai traballo , polo que os seus fillos maiores tiveron que emigrar a Honduras na procura dun traballo que lles permita vivir .
No hay comentarios:
Publicar un comentario